![[]](/images/trans.gif)
Tendas maioristas
En chambras.eu queremos que as tendas físicas colaboradoras sexan embaixadas da nosa web. Para iso poñeremos todos os recursos necesarios para poder conseguilo. Como chambras.eu é unha tenda de camisetas galegas personalizables, as nosas embaixadas tamén deberían selo. Polo que deberían ter, unha variedade de camisetas básicas, do catálogo de chambras. E a súa vez, servir para que os clientes podan encargar as súas camisetas peronalizables, e asesorar ao cliente na personalización. Loxicamente, a venda de camisetas personalizables prodúcese por encargo, e obriga ao cliente a volver á tenda en 3-4 días. Poderíase pedir un pequeno adianto do custe ao cliente, ou incluso do custe total, xa que se a camiseta é moi persoal, e pode que non se poda poñer a venda, se o cliente se esquece de ir a buscala. Tamén se recomenda usar estes envíos, para repoñer camisetas máis vendidas e non ter gastos de envío.
A única opción para poder encargar e pedir camisetas é a través desta web. Debido as características das camisetas que poden ser personalizables, tanto o deseño coma a cor da camiseta, e moi complicado facer un pedido sen ser a través de tendas.chambras.eu Os pedidos chegan directamente a nosa empresa colaboradora, que imprime e envía directamente as camisetas á túa tenda, para minimizar o tempo de envío.
Se se precisa asistencia de como usar o web para facer os pedidos, ou como usar as distintas opcións de deseño e personalización do web non dubides en contactar con nós e concertar unha cita.
Se se quere unha mostra da calidade das camisetas e dos deseños antes de facer os primeiros pedidos, tamén podemos quedar para ver unha pequena mostra.
Dada a cantidade de deseños existentes e das distintas combinacións que se poden facer entre cores de camisetas e variantes de deseño. Resulta imposible telas todas en tenda. Iso sen contar co problema das tallas. Por iso débese contar con camisetas de deseños básicos, ca variedade mais ampla posible segundo a demanda da túa tenda. Se algún cliente pide unha cor ou unha talla que haxa en tenda, a solución seria pedila pola web, e aproveitar para pedir outras 3 camisetas de venta habitual, para así evitar os gastos de envío.
Se algún cliente pide unha camiseta personalizada dentro das múltiples opcións que hai, o sistema de pedido sería o mesmo que o anterior. Aproveitar envíos para minimizar custes e poder ter máis marxe de beneficio.
Envíos
Todas as entregas son por mensaxeria a través de MRW ou Envialia. En 3-4 días terás a túas camisetas entregadas.
Se compras 1 camiseta 2 ou 3, custarache o mesmo, 3.50 € o envío (IVE incluído), se compras 4 ou mais de 4 para entregar na mesma dirección, o envío é GRATIS.
Se tes un encargo de unha camiseta personalizada, aproveita para pedir outras 3 camisetas básicas para que saia máis barato.
Para pedidos de máis de 10 ou máis camisetas realizarase un desconto automático do redor do 16%. Polo que se tes previsión de realizar un pedido de 8 camisetas, compensa pedir dúas mais para minimizar custes e ter máis marxe de ganancia.
Por qué valen tanto as chambras
Se temos en conta que é unha camiseta ÚNICA sabendo que ninguén máis pode ter, que é 100% orixinal, con deseño que pode ser personalizado para cada usuario, e coas cores que o usuario quere e coa súa mensaxe, entón seguramente empeza a ser un prezo mais adecuado.
Se ademais temos en conta que é unha camiseta de calidade e que a impresión dixital directa é unha técnica de fantástico resultado e longa lonxevidade, por 13.13 euros terás unha camiseta única e durante moito tempo.
A que prezo teño que vender as camisetas?
Tendo en contas que a maioría das camisetas teñen un custe de 13.13€ a nosa recomendación é vendelas entre 16.95€ que é o prezo na web de chambras.eu e 19.95€. Considerando que as tendas físicas dan unha atención personalizada é pode verse o produto in situ, o sobrecuste pode estar xustificado.
Para as camisetas máis caras ou outros produtos, a marxe de beneficio debería oscilar entre o 30% e o 50%
Grazas por confiar neste proxecto. Esperamos as chambras boa acollida entre os teus clientes, porque iso é bo para ambas partes.